A escola de música A Tempo créase no ano 1998 coa misión de: Promover os estudios de jazz e música moderna en particular e tamén os estudios de música en xeral, a través de unha estructura organizada e sustentada en programas de estudios avalados pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. A escola de música A Tempo está inscrita no rexistro de escolas de música da Consellería de Educación co número: 36024033 A combinación de ensino teórico e práctico, coa práctica en diferentes grupos: combos, música de cámara, orquestra, coro, etc... en colaboración con profesores e profesionais de grande prestixio. Proporcionar axuda a todolos que pretendan estudiar música dende os niveis iniciais ata os estudios profesionais. Os nosos programas de estudios adaptanse as necesidades do alumno, dende a preparación de provas de aceso a escolas superiores de música moderna de España e Portugal, a conservatorios e tamén formación musical a afecioados de todalas idades. A organización de seminarios, aulas maxistrais e sesións musicais a cargo dos profesores, alumnos e grupos da escola, procurando espazos de relación con outros alumnos e profesores, posta en práctica do estudiado a través das sesións de música.

   Praza A Castaña, 2-baixo. 36002 Pontevedra. Spain. // (+34) 986 844 104 // atempo.org@gmail.com