
PRODUCIÓNS
Festival de Jazz NOVAS MUSICAS de Monforte de Lemos: mostra de jazz e novas músicas, con unha presenza notable de músicos galegos e do continente europeo. Celebrase na terceira semana de Agosto. Ao longo destes últimos anos participaron no festival Ara Malikian, José Luís Montón, Pedro Iturralde, Pepe Bao, Jerry González, Joshua Edelman, Calixto Oviedo, Celia Mur, Kiko Aguado, Roberto Somoza, Alberto Conde, Baldo Martinez, Carlo Actis, Maria João, Mário Laghina, Orquestra de Jazz de Matosinhos, Perico Sambeat,Carlos Calviño entre outros....
www.novasmusicas.com
Música en Lourizán. Entre lusco e fusco. Ciclo de concertos no escenario natural do Xardín Botánico de Lourizán-Pontevedra. Xullo e Agosto.
http://musicaenlourizan.wordpress.com
Iberojazz. Ponto de encontro das Culturas Ibéricas.
Sen dúbida nestes últimos anos, Galicia está a experimentar un cambio substancial no terreo da creación artística e en todas as formas de expresión cultural. O Jazz, dende os estilos máis clásicos ós máis vangardistas, estáse a converter nun ponto de referencia cultural na nosa comunicdade que indudabelmente evoluciona en paralelo ao desenvolvemento desta música en todo o territorio peninsular e insular.
Estamos a comprobar como un bo número de jazzístas galegos en liña coas correntes ibéricas e europeas, están aportando ao Jazz sinais de identidade que esta música leva inscrita nos seus xenes dende seus oríxenes. Estas sinais estanse reflectindo nun son autóctono que sen dúbida está incluido dentro dos movementos que os críticos denominan como world jazz, etno jazz ou jazz con raíz, e jazz europeo, e que representan unha grande parte das estéticas mais visibeis do jazz actual.
O Iberojazz, que partindo de esta filosofía, naceu para dar cabida e empuxe ós proxectos galegos xunto as propostas máis selectas do momento da península Ibérica, convértese neste ano 2007 nun Festival de referencia estatal e de ámbito internacional.
http://iberojazz.blogdiario.com
Jazz x Barrios. Iniciativa do Concello de Monforte de Lemos que achega aos barrios maís alonxado a oportunidade de escoitar música en vivo de calidade.
www.novasmusicas.com
Día da Música en Pontevedra. Organización en colaboración con institucions públicas e privadas do Día da Música en Pontevedra. Unha xornada de celebración laica da música e a cidadania.
Cultura Vai. Programación de concertos por toda a xeografía galega en colaboración coa Consellería de Cultura e concellos participantes no programa.
